A Sala das Carboeiras, en Sargadelos, acolle a mostra 'Da cor ao Xexto, Pinturas e Tintas Costafreda'
AMariñaXa
Trátase dunha exposición de pintura composta por uns 60 cadros de diferente formato incluíndo acrílicos
14 Xul 2024
O Concello de Cervo inaugurou a mostra 'Da cor ao Xexto, Pinturas e Tintas Costafreda' na Sala das Carboeiras, en Sargadelos e que xa se pode visitar ata o vindeiro 15 de agosto.
Concretamente, o horario no que se poderá visitar esta mostra é de martes a domingo de 11.oo a 13.30 horas e as tardes de mércores a sábado de 19.00 a 21.00 horas.
Trátase dunha exposición de pintura composta por uns 60 cadros de diferente formato incluíndo acrílicos, sumi-é tradicional e técnicas mixtas en tinta.
E, como actividade complementaria, a artista tamén impartirá un taller intensivo de pintura Zen Sumi-E promovido polo Concello de Cervo, que terá lugar o venres 26 de xullo e o 2 de agosto de 19.00 a 21.00 horas.