A Sala Bahía de Foz acollerá este sábado o domingo un monólogo de Federico Pérez

Foz
AMariñaXa
A Sala Bahía acollerá este sábado, día 15, ás 19.00 horas un monólogo de Federico Pérez, o popular actor, que é protagonista de Era Visto!,
2023 CONTORNA DA SALA BAHÍA E DA GALIÑA AZUL (FOZ)
14 Abr 2023

A Sala Bahía acollerá este sábado, día 15, ás 19.00 horas un monólogo de Federico Pérez, o popular actor, que é protagonista, entre outros, de Era Visto!, serie de  humor da Televisión de Galicia. Esta actuación, enmarcada dentro do ciclo municipal Teatro nas Parroquias, realízase coa colaboración da asociación de veciños Torques de Marzán. A entrada será de balde.

E continuando este ciclo, o domingo 16 será a quenda de Pepo Suevos, que actuará na antiga Escola de San Acisclo ás 18 horas, tamén con entrada gratuíta. Esta actuación realízase en colaboración coa asociación de veciños Río Ouro, de San Acisclo.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, invita “a todos os veciños a desfrutar destas actuacións e a aproveitar o sábado completo visitando a Festa do Berberecho e a actuación pola noite da orquestra El Combo Dominicano”.

0.16629004478455