A Sacabeira de Cervo organiza as tardes de patchwork

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Xan 2020

A Sacabeira Café Bar Cultural organiza todos os xoves de xaneiro e febreiro un taller de patchwork, no que elaborarán individualmente un camiño de mesa.

Esta actividade será ás 16.30 en Sargadelos e ten un prezo de 25, no que inclúe o material, e terá comezo o xoves 23 de xaneiro e rematará cando se finalice o traballo, aproximadamente 4 ou 5 sesións.

Para participar é necesario inscribirse antes do xoves 16 de xaneiro.

 

0.14805006980896