A Sacabeira de Cervo acolle unha mostra da Asociación Saúde Mental A Mariña

AMariñaXa
A Asociación Saúde Mental A Mariña terá unha nova exposición na Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo. Poderase visitar ata o 28 de febreiro
1 exposicion saude mental marina sacabeira cultural
11 Xan 2022

A Asociación Saúde Mental A Mariña terá unha nova exposición na Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo. Esta mostra de artesanía poderase visitar ata o 28 de febreiro no horario de apertura do Café.

A mostra conta con pinturas ao óleo do artista Xolo que son obras baseadas no surrealismo inspirado en cadros famosos.

A Asociación Saúde Mental A Mariña pón os seus recursos a disposición de persoas con enfermidade mental crónica e dos seus familiares para a súa rehabilitación psicosocial e laboral.

0.10248613357544