A Sacabeira Café Cultural de Cervo organiza o Día de Rosalía o sábado 19
O sábado 19 de febreiro na Sacabeira Café Cultural de Cervo organiza o Día de Rosalía no que haberá varias actividades así como unha palestras de historias improvisadas.
A partir das 12.00 horas haberá unha degustación de Caldo da Gloria e pola tarde será a palestra a cargo de Alba María que falará das Trovadoras: historias das improvisadoras orais galegas.
Alba María é unha regueifeira e docente de lingua e literatura galega e o acto estará presentado pola profesora de ensino secundario e dinamizadora cultural, Eva Teixeiro.
Neste evento colaboran A Sacabeira, a Librería Bahía, a Asociación Escritoras-es Lingua Galega - AELG, a Fundacion Rosalia De Castro e a Casa Museo Rosalía De Castro.
Para máis información haberá que escribir un correo electrónico a fervenzadesargadelos@gmail.com.