A Sacabeira Café Cultural de Cervo acollerá dous encontros literarios este domingo

AMariñaXa
Este sábado 29 de outbro a Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo acollerá un magosto aberto á veciñanza e que contará con música tradicional.
Contármonos Cervo sacabeira 2024
2 Mar 2024

O domingo 3 de marzo o café-bar cultural A Sacabeira acollerá dous encontros literarios. O primeiro deles estará a cargo de Eli Ríos que presentará 'Alma de violino', un álbum ilustrado sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024.

Despois, as voces do colectivo Comadres das Letras, que optan ao premio Follas Novas do libro galego na categoría de Promoción da Lectura, conversarán sobre Contármonos.

O evento, organizado pola ACR Fervenza de Sargadelos, dará comezo ás 17h 30 e tamén estará presente a Librería Bahía.

0.17868900299072