A Sacabeira Café Cultural de Cervo acolle dúas actividades esta fin de semana

AMariñaXa
Este venres e sábado A Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo acollerá dous concertos dentro da súa programación de outono.
sacabeira programacion fin de semana 2022 1
20 Out 2022

Este venres e sábado A Sacabeira Café Bar Cultural de Cervo acollerá dous concertos dentro da súa programación de outono.

O primeiro, o do venres 21, será ás 20.30 horas a cargo de Marina Oural e Cgefa Alonso que presentarán Rosas Negras, unha aposta artística interxeracional de poesía e música: jazz, improvisación libre e língua escrita e oral. Xúntanse dúas creadoras de ámbitos moi diferentes na procura do fío que as une: compartir ‘poesía en concerto’ para mellor saúde persoal e social.

Esta proposta ten textos en portugués, galego e español escollidos no fluir dos froitos que nacen, coa escoita do vínculo entre Rosalía de Castro e Juana de Ibarbourou, como motor narrativo. Así, Estíbaliz Espinosa pousa a sabiduría da poesía guisada en salsa de humor na pota inexacta do amor; Yolanda Castaño, a beleza rotunda do alimento pegado ás pálpebras do pico nun voo maxestuoso; Eva Veiga, a lírica que ule a eterna primavera e sabia que mece o corazón; Sesé Mateo a lembranza desa terrible lacra do asasinato machista; Manoel de Barros a sorpresa no delirio do verbo desde o Brasil; e os textos da propia Marina Oural que se preguntan e soplan ventos para forza e alegría entre tanta raiba e tristura.

Xa o sábado 22 será a quenda do concerto de O'Leo de Matamá, un dos alter ego de Leonardo Fernández Campos, cantautor punk nado en Matamá en 1974, artista polifacético, filólogo e poeta.

sacabeira programacion fin de semana 2022
0.19270896911621