A ruta equina de A Medela de Xove será o 17 de marzo

AMariñaXa
A asociación equina A Medela de Xove informou que xa teñen data para a súa ruta equina e que será o domingo día 19 de marzo de 2023.
13 Feb 2024

A asociación equina A Medela de Xove informou que xa teñen data para a súa ruta equina e que será o domingo día 17 de marzo de 2024.

O programa de actividades comezará ás 10.00 horas coa saída ao campo da igrexa de Sumoas, e continuará cunha ruta a cabalo polas fermosas paisaxes de Xove.

No medio da ruta haberá pinchos para os participantes e despois será o xantar na carpa situada no campo da igrexa de Sumoas, que estará servido por Pulpería Mario e amenizado por un grupo musical. Ao remate haberá sorteos de agasallos entre os asistentes á ruta.

Para participar será necesario anotarse chamando antes do 13 de marzo a 637 562 351, 690 861 415, 629 810 710 ou 616 631 495.

0.1785728931427