A rotonda de acceso a Burela xa loce letras de benvida

A rotonda de acceso ao porto de Burela xa loce as letras de benvida trala reforma da mesma. Así mesmo, xa ten sementado céspede e unha vez crezca poderase combinar cun deseño de plantas ornamentais e arbustivas de tempada para darlle máis colorido.