A Romería do Bispo Santo xa ten programación
Este ano volverá celebrarse a Romería do Bispo Santo, organizada pola asociación cultural que leva este mesmo nome e que estivo parada durante dous anos debido a pandemia da covid.
Así, a cita comezará o domingo 8 co traslado da imaxe de San Gonzalo dende a basílica ao monte da Grela e posteriormente haberá unha charla a cargo de Xoán Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz.
O venres 13 será a verbena a cargo de D'Cano e Tekila, e o sábado 14 a xornada comezará coa misa solemne ás 13.30 horas seguida da sesión vermú co grupo Pasito Show e a romaría coa Banda de gaitas Dambara de Burela.
Pola tarde, ás 17.00 horas, será a actuación infantil de Peter Punk e pola noite volverá a verbena con Pasito Show e Garibaldi. O domingo 15 ás 13.30 horas repetirase o oficio relixioso seguido da sesión vermú con Louband e D'Cano.
A organización lembra que durante os tres días haberá polbo, xamón cocido e churrasco servido pola polbería Rochela de Vilalba.
A asociación cívico-cultural Obispo Santo no estivo parada estes dous anos xa que estivo a reunir fotografías da celebración da romería co obxectivo de conter o material necesario para solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico.