A Romaxe Viquinga do Vicedo 2023 comeza este venres
Esta fin de semana será a Romaxe Viquinga do Vicedo 2023 que conta con novidades respecto ás edicións pasadas. O cartel deste ano corre a cargo do debuxante Cristian F. Caruncho.
Nesta VI edición, que comeza o venres 28, contarán coa gran actriz galega Isabel Blanco para dar a balada de saída da festa facendo o pregón o venres ás 20.30 horas.
Máis tarde ás 21.00 horas os cabaleiros viquingos e cristáns recorrerán as rúas do Vicedo facendo unha pequena demostración do que se prepara para o día seguinte.
O momento máis agardado da Romaxe e que marca o comezo dunha larga xornada é o desembarco dos invasores viquingo, que será o sábado 29 ás 12.30 horas. Tamén o sábado haberá unha xusta medieval ás 20.00 horas.
Tamén haberá tempo para a música e haberá diversos concertos e actuacións musicais para todos os gustos como O Son do Sor o venres ás 21.00 horas, e o sábado serán Aileach ás 19.00 horas, Covagueira ás 21.00 horas, Queiman Folki ás 23.00 horas e Perkusiona durante todo o día.
Este ano tamén contan cun novo e gran aparcamento cerca da praia de Area Grande. Con este novo espacio xa non será necesario atravesar ningunha estrada camiñando para chegar á Romaxe polo que aumenta a seguridade de todo o mundo.
Pódese consultar o programa completo na imaxe de abaixo.