A Romaxe Vikinga do Vicedo será o prato forte das actividades deste mes no municipio

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Xul 2019

O Vicedo encara unha semana cargada de actividades que comeza o martes, 23 de xullo, co obradoiro gratuíto de consumo responsable, destinado a nenos e nenas entre 3 e 12 anos, ao que aínda se poden anotar os interesados chamando ao 982.59.01.95, obradoiro.
O mércores 24, está prevista unha xeoruta gratuíta a cargo do xeólogo Fran Canosa, nas praias  de Area Grande (San Román) e Xilloi. As prazas están esgotadas para esta formación pero se pode chamar ao Concello por se houbera algunha baixa ou para próximas citas.
E o venres e sábado, a Romaxe Viquinga acada a súa cuarta edición, co pregón de Serxio Pazos, unha ruta de pinchos e cantos de taberna para comezar o 26 de xullo antes da Romaxe en San Román do sábado, con desembarco, obradoiros, xogos, mercado,  concursos, torneo a cabalo e música.

0.18966889381409