A Romaxe do Vicedo que non puido ser

AMariñaXa
O Vicedo homenaxea a finais de xullo a loita contra este pobo invasor nunha romaxe que a covid anulou dous anos seguidos A presenza viquinga na península ibérica non foi moi prolífica, a pesar de que houbo ataques normandos desde o ano 840 ata practicamente finalizado o século X.
romaxe vikinga 21
4 Jul 2021

O Vicedo homenaxea a finais de xullo a loita contra este pobo invasor nunha romaxe que a covid anulou dous anos seguidos

A presenza viquinga na península ibérica non foi moi prolífica, a pesar de que houbo ataques normandos desde o ano 840 ata practicamente finalizado o século X. Esta presenza na Mariña lucense segue sendo moi cuestionada, sobre todo, en determinados foros arqueolóxicos. Así, algúns profesionais da arqueoloxía suliñan que non hai “evidencias claras” nin de grandes razias viquingas en Galicia, e moito menos, de asentamentos na costa.

Polo tanto, a chegada dos viquingos non deixou tampouco moitas pegadas na península, xa que se trataba dun pobo conquistador que estaba en constante movemento pero O Vicedo sería un lugar ideal para un asentamento normando, xa que contaría coa presenza dun gran promontorio de terra con muralla e foso e unha enseada, coñecida como O Porto, custodiada por dous grandes conxuntos de rocas, Os Castelos.

Por todo isto O Vicedo comezou a celebrar no ano 2016 a Festa Vikinga, despois do descubrimento en 2014 dun posible asentamento nos Moutillós, na contorna da praia de Area Grande.

As prospeccións arqueolóxicas apuntaron nese momento cara á confirmación destas características típicas dos asentamentos nórdicos.

Desde ese momento e con intención de potenciar esta característica única que tiña lugar no Concello, comezou a celebrarse unha festa de ambientación viquinga coa intención de dar difusión a esta singularidade e servir como foco de atracción turística que axudase a potenciar O Vicedo.

Normalmente celébrase en dous días a finais do mes de xullo no que o primeiro día, o venres, ten lugar o pregón e un desfile dos cabaleiros e guerreiros tanto cristiáns como viquingos polas rúas do Concello.

O segundo día, o sábado, é o auténtico día grande da Romaxe e celébrase na praia de Area Grande, en San Román, onde se instala un campamento viquingo e outro cristián e hai postos de artesanía, comida, etc.  Durante todo o día ten lugar o desembarco do barco viquingo, o espectáculo da loita entre os cristiáns e viquingos, e xa, no campamento, durante toda a tarde, obradoiros,  xogos, espectáculos de cabalos, espectáculos nocturnos de lume, voda viquinga, enterramento, etc.

Este evento segue crecendo ano a ano malia que estes dous últimos a organización comunicou a súa cancelación debido ás restricións da covid. Este ano, acadaría a sexta edición, e íase celebrar os días 24 e 25 de xullo. O alcalde do Vicedo, Jesús Novo, dixo que estiveron esperaron ata o último momento para poder tomar unha decisión sobre a celebración.

“As circunstancias actuais obrigan a cumprir protocolos en celebracións e eventos públicos, respectar aforos, e a maiores, aconsellan a tomar decisións responsables coa situación sanitaria”, comentou.

romaxe vikinga vicedo 2
I Romaxe Vikinga.Playa de San Roman 30 Julio 2016

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16576814651489