A Romaría Bispo Santo, de Foz, comezará o 19 de maio
O venres 19 de maio, comeza na parroquia de San Martiño, no concello de Foz, a celebración da Romaría Popular en honra ao Bispo Santo pola noite cunha gran verbena a cargo dos grupos D´Cano e Fussión.
Na xornada do sábado 14, ás 13.30 horas oficiarase a misa que dará paso á sesión vermú onde o grupo Ritmo Joven que poñerá a nota musical. A continuación actuará pola romaría a Banda de Gaitas Dambara de Burela.
Pola tarde, ás 17.00 horas, actuación infantil a cargo de Ce Orquestra Pantasma, e coa chegada da noite será a gran verbena a cargo dos grupos Ritmo Jove, DJ Litainer e Charleston.
O domingo 15, volverá a misa solemne ás 13.30 horas. Ao finalizar os actos litúrxicos, sesión vermú a cargo dos grupos Fenix e Louband. Haberá polbo, xamón cocido e churrasco para degustar durante os tres días.