A Ribeira de Foz reitera os problemas do Porto Chico

Foz
AMariñaXa
A Asociación A Ribeira de Foz vén de manifestar os problemas do Porto Chico de Foz despois de pasar o tempo sen ningunha mellora
porto chico 1
24 Xuño 2021

A Asociación A Ribeira de Foz vén de manifestar os problemas do Porto Chico de Foz despois de pasar o tempo sen ningunha mellora, que "tras cinco anos segue nunha situación ruinosa", din, "cinco anos pasaron xa dende que nos reuniamos coa Conselleira Rosa Quintana en Santiago para expoñerlle os problemas dun peirao en Foz que non ten calado para nin tan sequera atracar unhas chalanas, que os pantaláns de atraques deportivos están en moi mal estado e non ofrecen ninguna seguridade ás embarcación sitas nos mesmos, que o peirao non ofrece abrigo e temos verdadeiras marexadas dentro do propio peirao cando hai temporales, que existe unha demanda alta de plazas de atraque de embarcacións deportivas en Foz e que se atopan nunha eterna lista de espera, que as embarcacións de salvamanto das praias non poden sair a facer as súas tarefas de socorrismo, etc".

Así, din que ven con envexa sana como pasan os veleiros da "afamada Ruta Xacobea, e como os políticos se afanan en saír nas fotos das inauguracións de tales rutas e concesións de xestións privadas varias". E lles gustaría ver que o seu peirao estivera nunhas condicións aptas para albergar ese tipo de acontecementos.

"Cinco anos de promesas incumplidas, nos que non se fixo nada de nada para solucionar e mellorar o Peirao de Porto Chico en Foz", conclúen.

porto chico 2
porto chico
0.1536910533905