A Ribeira de Foz organiza unha nova edición do seu Open de pesca dende embarcación

Foz
AMariñaXa
A asociación A Ribeira de Foz organiza unha nova edición do seu Open de pesca dende embarcación, e que este ano chega a sú quinta edición
V Open pesca Ribeira Foz 2023
11 Xul 2023

A asociación A Ribeira de Foz organiza unha nova edición do seu Open de pesca dende embarcación, e que este ano chega a sú quinta edición. Esta cita celebrarase o vindeiro 13 de agosto.

Quen queira participar pode facelo e inscribirse de balde chamando ao teléfono 626 309 804 antes do 25 de xullo. En pasadas edicións, adoitaban ser máis de 35 as embarcacións, nomeadamente de Asturias e Galicia, que participaban dende primeira da mañá, sobre ás 7.30, para saír pescar e volver ao mediodía coas capturas á lonxa para a pesaxe.

Ademais haberá premios e agasallos para todos os participantes. Neste open colaboracn diferentes entidades focegas como o Concello, o CCA, El PEz Rosa, Capturas Pesca Deportiva, Seguros Ges ou Kukadas Pesca Foz.

V Open pesca Ribeira Foz 2023
0.09463095664978