A Ribeira de Foz organiza un open de pesca
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Ago 2019
A asociación A Ribeira de Foz ten organizado para o 24 de agosto o terceiro open de pesca dende embarcación fondeada da localidade.
Quen queira participar pode facelo e inscribirse de balde, chamando ao teléfono 626.309.804. En pasadas edicións, adoitaban ser máis de 35 as embarcacións, nomeadamente de Asturias e Galicia, que participaban dende primeira da mañá, sobre ás 7.30, para saír pescar e volver ao mediodía coas capturas á lonxa para a pesaxe.
Aparte, a entidade vén de propoñer diversas solucións para o denominado 'porto chico' de Foz, como cambiar a bocana de ubicación e dragar a dársena. Os seus integrantes advirten tamén respecto do perigo dos bañistas na entrada o peirao.