A ribadense Celia Castro presenta o seu libro Pintura e fotografía no século XIX en Xixón

TerraChaXa | AMariñaXa
[caption id="attachment_19560" align="alignleft" width="530"]
17 Maio 2019

[caption id="attachment_19560" align="alignleft" width="530"] CELIARETRATO[/caption]
A escritora ribadense Celia Castro presentará o seu libro Pintura e fotografía no século XIX. Unha aproximación á arte de Dionisio Fierros en Xixón este xoves, 16 de maio. O acto celebrarase no Museo Jovellanos ás 18:45 horas e acompañará á autora Antonio Deaño Gamallo, catedrático de Lingua e Literatura e bisnieto de Dionisio Fierros.
Celia Castro explica que "contarei as motivaciones que hei ter para escribir o libro, porqué escollín ese tema, o desenvolvemento do traballo e o que o lector vai atopar no mesmo". A escritora ribadense conta que "Dionisio Fierros realizou a súa obra fundamentalmente en Oviedo porque el estivo vivindo moitos anos en Oviedo, desde 1876, pero tamén en todo o norte de Asturias, en Xixón, en Luarca, Navia, etc", en toda esa zona tivo unha gran actividade".
Sobre a obra de Fierros Celia Castro di que se conserva máis en domicilios particulares que en museos, pero moitos deles non se coñecen, ao estar en vivendas particulares ás veces non se teñen coñecemento. Por exemplo, si sábese que ten obra súa a familia Álvarez Cascos e outros personaxes da burguesía e da nobreza asturianas".
Celia Castro comenta que "pintaba de todo e ben. Durante toda a súa vida estivo aprendendo e aínda que estaba encasillado un pouco no retrato e unha pintura de historia, pintaba de todo. Entón ás veces é un pouco difícil encadralo, si se pode no romanticismo pero unha determinada época porque pintará ata que se morre e ao final da súa vida vai ter características do impresionismo. El viaxa moito e vai a Parides, a Roma e ao resto de Europa, sobre todo ao centro, a Bélgica e Suiza".

0.18252515792847