A residencia de Xove está a celebrar o mes do Alzhéimer con varias actividades
AMariñaXa
O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer e a Residencia San Bartomeu de Xove quere celebrar con anterioridade este día,
15 sep 2022
O 21 de setembro é o Día Mundial do Alzhéimer e a Residencia San Bartomeu de Xove quere celebrar con anterioridade este día, así, durante esta semana está a acoller unha serie de actos entre os cales destaca o celebrado na praza do Concello de Xove que contou coa asistencia dun grupo de residentes ao que se sumou un numeroso público.
Durante o acto fíxoselle entrega ao Concello dunha árbore Ginko Biloba xunto coa súa placa identificativa. Esta árbore é coñecida como árbore da memoria, xa que ten numerosas propiedades que facilitan a protección neurolóxica, e ten tamén fortes compoñentes antioxidantes.
É importar sinalar que neste acto se pediu seguir investigando esta enfermidade e afondando nas posibles solucións que poida ter.