A Rede Museística Provincial puxo en marcha o proxecto 21 S(empre) con respecto ao alzhéimer

AMariñaXa
A iniciativa conta coa implicación dunha vintena de artistas vinculados á Mariña
proxecto-Latas-Deputación
Proxecto 'Memorias en lata' da Deputación de Lugo
22 sep 2024

Co propósito de levar a visibilidade e a reflexión social en relación co alzheimer máis aló do Día Mundial que se celebrou este sábado, a Rede Museística Provincial puxo en marcha o proxecto 21 S(empre), que propón esta demencia e as consecuencias nas persoas enfermas e no seu entorno como temática creativa.

A iniciativa conta coa implicación dunha vintena de artistas vinculados á Mariña: Caxigueiro, Juanel, Celso Dourado, Mauro Leivas, Martín Lestao, Belén Mogo, Neira Brochs, Chus Lage, Carmen Llonín, Ignacio Castro “Nachok”, Galiensoup, Lu Vila, Julián Bouza, Alicia Puchades, Carmen Porteiro, Pedro Cabarcos, María Martín, David Catá, Hipólito Xeada, Laura Díaz, coa redeira Mª Jesús Alonso López e co alumnado do IES Alfoz-Valadouro, coordinado por Paz Quiroga, que nesta última semana recibiron o material e a encarga para esta acción creativa.

O proxecto dá continuidade a colaboración que a Rede Museística Provincial mantén co tecido asociativo e asistencial desde a súa creación, articulado a través do programa “Conserva de Memori(AS)”.

Nese marco, xurdiu a mostra “Memorias en lata” que garda “en conserva” os recordos dos usuarixs das asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias da Mariña, AFAN Burela e AFA Viveiro, e que pode verse no Museo do Mar de San Cibrao. A presentación das obras farase o 21 de novembro.

0.15820598602295