A recollida do cartón comercial porta a porta de Ribadeo farase o 7
AMariñaXa
O Concello anima a comercio e a hostalería a utilizar o servizo de recollida de cartón porta a porta, que funciona todos os martes e os xoves.
4 Dec 2022
En Ribadeo a recollida do cartón comercial porta a porta a vindeira semana farase o 7 de decembro.
Segundo explican desde a Concellaría de Medio Ambiente “este é un servizo que prestamos os martes e os xoves pola tarde, pero a vindeira semana como eses días son festivos, entón trasladamos a recollida ao mércores, 7 de decembro, pola tarde”.
E engaden: “agardamos que os negocios o teñan presente para que saquen os seus cartóns á rúa unicamente o mércores. O servizo volverá á normalidade a partir do día 13”.