A Rebolaxe prepara o programa de San Xoán en San Cibrao
AMariñaXa
O programa comeza ás 13.00 horas con sesión vermú para desfrutar de toda a xornada con música e comida
Imaxe de arquivo
21 Xuño 2024
A Rebolaxe prepara o programa para celebrar o San Xoán en San Cibrao o vindeiro domingo 23 de xuño. O programa comeza ás 13.00 horas con sesión vermú para desfrutar de toda a xornada con música, comida, entretemento para os máis novos e lume.
A partir das 18.00 horas terán lugar os xogos populares e logo actuarán gaiteiros para dar paso a unha cea a base de bocadillos de panceta, chourizo e salchicha e da fogata. A cita conta coa colaboración do Concello de Cervo e da Deputación.