A Rebolaxe e o Concello de Cervo organizan as festas de San Xoán en San Cibrao

AMariñaXa
A alcaldesa quixo loar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o Concello
San-Xoán-Rebolaxe-San-Ciprián
13 Xuño 2024

San Cibrao será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.

A cita arrancará ás 13.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella. A partir das 18.00 horas haberá xogos populares e desde as 19.30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas. Ás 00.00 horas acenderase o tradicional lume de San Xoán.

A alcaldesa quixo loar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o Concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas neste día de Festa.

0.18891096115112