A reapertura da piscina de Alfoz será a mediados de mes
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Alfoz comunicou que a reapertura da piscina pública municipal terá lugar a mediados do mes de xullo.
6 Jul 2020
O Concello de Alfoz comunicou que a reapertura da piscina pública municipal terá lugar a mediados do mes de xullo.
Así, contarán con todas as oas garantías necesarias seguridade para os usuarios da mesma. O aforo limitarase en función dos espazos dispoñibles para asegurar o mantemento das distancias de seguridade entre os bañistas, podendo variarse en función da evolución da situación epidemiolóxica.
Tamén organizaranse os accesos en tres quendas para fomentar o uso e disfrute da piscina ao maior número de persoas, aumentarase o persoal para incrementar os labores de limpeza e desinfección.
Todos os datos de aforo e normas de uso estarán dispoñibles na web municipal e nas instalacións da piscina municipal de Alfoz.