A Rapadoira conta cunha pasarela para mobilidade reducida
AMariñaXa
Foz colocou un parasol e unha pasarela para mobilidade reducida na Rapadoira, así como lavapés e caseta socorrismo na praia de Pólas.
29 Xul 2021
O Concello de Foz colocou un parasol e unha pasarela para mobilidade reducida na praia da Rapadoira, así como lavapés e caseta socorrismo na praia de Pólas.
Tamén estiveron a facer desbroces de camiños en Forxán, Mañente, na contorna de Llas e Paseo do Río Ouro, fixeron traballos de reparación de baldosas en Cervantes e na avenida de Viveiro.
Ademais tamén levaron a cabo tarefas de limpeza de xardíns e parques en Uxío Novoneira, na escola de Forxán, Julia Minguillón e na rúa Corporacións.