A Rapa das Bestas de Campo do Oso, en Mondoñedo, celebra a súa 45 edición

AMariñaXa
A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso, na estrada de Mondoñedo á Pastoriza e pertencente a parroquia de San María Maio, volverá a traer a cita
Rapa-das-Bestas-de-Campo-do-Oso-2022-1
7 Xuño 2024

A organización da Rapa das Bestas de Campo do Oso situado na estrada de Mondoñedo á Pastoriza, e pertencente a parroquia de San María Maio, volverá a traer este ano a súa tradicional Rapa das Bestas. A cita será o vindeiro 30 de xuño chegando a súa 45 edición. Comezará ás 10.30 horas co saída dos xinetes para a baixada dos animais ao curro.

A partir das 11.30 horas terá lugar a baixada  dos animais e xa ás 12.15 horas a rapa e marcado dos animais. A sesión vermú comezará ás 14.00 horas e o xantar será ás 15.00. tamén haberá xornadas de degustación de carne de poldro de balde e baile pola tarde amenizada por Verónica Cambón.

Esta tradicional festa é a que abre o calendario deste tipo de celebracións, xa que faise o último domingo do mes de xuño. Cada un dos xinetes farase responsable dos danos que poida ocasionar el ou a súa montura.

0.052016973495483