A Ra Ramira compartirá anacos de lecer coa cativada de Cervo

AMariñaXa
O Concello de Cervo programa unha nova edición de Cervo Concilia, unha iniciativa municipal máis que consolidada
PAI GUITIRIZ EDUCACION
4 Out 2023

O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17.00 a 18.00 horas.

Os pequenos desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine...E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos!

As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura e ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura.

O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10.00 a 11.30 horas (de 1º a 3º de primaria); e de 11.30 a 13.00 horas (de 4º a 6º de primaria).

BRINCOS DE LECER
0.17711520195007