A provincia rebaixa do milleiro de casos de covid
A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid e nesta xornada de venres xa está por debaixo do milleiro.
Así, son 952 casos activos, que son 78 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 66.
Rexistráronse nas últimas 24 horas 36 casos novos (onte foron 34), o que implica unha estabilización neste volume constante dende hai días. Ademais, as altas chegaron ás 10.307, 111 en 24 horas, o día anterior foron 102.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.452 casos rexistrados e 198 persoas falecidas. 2 máis que onte, dous varóns de 77 e 86 anos ingresados no Hula.
A presión hospitalaria volve baixar. Nas UCI hai 21 ingresados (1 menos que onte), todos no Hula, e en planta hai 41 enfermos, 8 menos, 29 no hospital de Lugo (5 menos), 1 na Mariña (1 menos) e 8 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo segue cun enfermo ingresado.
A vacinación comezou xa nos distintos concellos entre o persoal de Axuda no Fogar.
POR COMARCAS
A Mariña
Viveiro frea a piques de rematar o gromo mentres Burela xa está por debaixo de 1o contaxios novos nos últimos 15 días.
- Viveiro continúa hoxe con 22 casos.
- Burela xa está por debaixo de 10.
- Barreiros, Trabada e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.
Terra Chá
Guitiriz segue sumando casos pero moi lentamente o que indica que pode estar no pico da curva. No resto a situación continúa mellorando.
- Vilalba continúa á baixa con 50 casos, 2 menos.
- Guitiriz suma 2 casos máis e chega a 121.
- Cospeito rebaixa 2 ata 10.
- Outeiro de Rei queda con 12 contaxios.
- Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
- No veciño Concello das Pontes rebaixa 2 casos ata 32.
Centro da provincia
Lugo rebaixa a súa lista de casos novos malia o gromo dectatado no barrio de Paradai e onde hai presenza da cepa británica. Queda xa fóra de perigo Palas de Rei e quedan como destacados o Corgo e Guntín, este no límite, con 10 casos.
- Lugo segue á baixa, con 7 casos menos, 257 en total.
- Palas de Rei remata a baixada dende o gromo poñéndose por debaixo de 10.
- Guntín mantén 10 casos.
- O Corgo tamén mantén 22.
- A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.
Comarca de Sarria
Só queda a vila de Sarria con máis de dez casos activos, pero segue reducindo a incidencia día a día.
- Sarria reduce ata 20 casos, 4 menos que onte.
- Samos, O Incio e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.
Ribeira Sacra
Nova baixada importante en Monforte e con todos os concellos á baixa. Só quedan Taboada e Sober por riba de 10 casos.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 70 casos, 12 menos.
- Taboada segue con 14.
- Pobra do Brollón ponse tamén por debaixo de 10.
- Sober rebaixa 6 casos ata 12.
- Folgoso do Courel está sen casos dende hai máis de 15 días.