Foz e Carballedo soben a 11 os concellos con casos de covid na provincia

AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
covid tets antixenos
7 Nov 2021

A provincia vive este domingo unha nova xornada de estabilidade practicamente sen cambios na incidencia da covid. Así, hoxe hai 53 casos activos, os mesmos que onte, cun rexistro de 4 novos positivos e 4 altas. Onte a baixada foi de 1 caso, con 2 novos contaxios e 3 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.043 casos rexistrados e 254 persoas falecidas, 37 nesta quinta vaga.

A presión hospitalaria recupera valores da xornada anterior con 3 persoas ingresadas (1 máis): queda unha na UCI do Hula e 2 en planta, tamén no centro hospitalario de Lugo.

O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia están no nivel baixo e sen restricións.

POR COMARCAS

O número de concellos afectados pola covid volve subir ata 11 (2 máis). Na Mariña estaba Riotorto e O Valadouro, aos que se suma Foz mentre Ribadeo queda limpo; na Terra Chá seguen Castro de Rei e Outeiro de Rei e engádese Meira; no centro segue afectado Lugo, e no sur seguen con casos en Monforte, Sarria e Chantada e únese Carballedo.

A Mariña

  • Foz volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10: Riotorto e O Valadouro.
  • Burela leva unha semana sen casos. Únese Ribadeo.
  • Máis de quince días limpos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Riotorto, Trabada, Viveiro e Xove

Terra Chá

  • Meira volve ter algún caso.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Castro de Rei e Outeiro de Rei.
  • Entre 1 semana e 15 días sen casos: Guitiriz, A Pastoriza e Abadín.
  • Máis de quince días limpos: As Pontes, Begonte, Cospeito, Friol, Muras, Pol, Rábade, Vilalba e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Sarria, por debaixo de 10.
  • Máis de quince días limpos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • Os casos en Lugo soben un pouco máis, ata 23 (1 máis).
  • Entre unha semana e 15 días sen casos: Castroverde, Baralla, Baleira e Ribeira de Piquín.
  • Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Antas de Ulla, As Nogais, Becerreá, Cervantes, Guntín, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, O Corgo, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • Carballedo volve ter casos.
  • Por debaixo de 10 contaxios: Monforte e Chantada.
  • O Saviñao suma unha semana sen casos.
  • Máis de quince días limpo: A Pobra de Brollón, Bóveda, Carballedo, Chantada, Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.

RESTRICIÓNS

Xunta de Galicia decretou a finalización da situación de emerxencia sanitaria en Galicia o que supón cambios na situación quedado todo o aforo en xeral ao 100% e a apertura das barras dos locais de hostalaría.

  • Amplíase o horario de peche para os locais de hostalaría. Os venres e sábados os establecementos poderán pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
  • No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechas ás 5.00 horas.
  • Mantéñense as restricións nos grupos máximos por mesa co 10 persoas en interior e 20 en exterior.
  • No ocio nocturno será obrigado o certificado covid en todos os locais independente do nivel de seguridade.
  • A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.
0.1856951713562