A protectora de Animais Valadouro-Alfoz colabora no control das colonias felinas

AMariñaXa
A Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz colabora por segundo ano co do Valadouro no control e esterilización das colonias felinas.
colonia gaatos felinos
9 Ago 2021

A Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz colabora por segundo ano co Concello do Valadouro no control e esterilización das colonias felinas da vila.

Segundo a Lei de Protección Animal de Galicia, (Lei 4/2017 do 3 de outubro), esta prohibido alimentar aos animais vagabundos ou extraviados nas vías publicas sen contar coa autorización municipal, salvo situacións que puidesen comprometer o benestar dos animais. A única entidade autorizada en Valadouro para poder realizar este traballo ou autorizar novos voluntarios é a Asociación Protectora de Animais.

Deixar comida na vía publica ademais de crear unha situación insalubre dificulta o traballo dos voluntarios para capturar e esterilizar os gatos. Apelamos á colaboración cidadá para que o traballo se faga da forma máis rápida e doada posible. Se alguén quere colaborar ou ser a persoa autorizada para alimentar unha das colonias pode poñerse en contacto coa Directiva da Asociación

0.19148898124695