A Protección Civil da Comarca do Eo, premiada polo seu labor na DANA

AMariñaXa
Voluntarios galegos e asturianos reciben en Moncada a Cruz ao Mérito Profesional con Distintivo Vermello
proteccion-civil-comarca-del-eo-cruz-merito-2025
3 Mar 2025

A agrupación de Protección Civil da Comarca do Eo, con base en Castropol e composta por voluntarios galegos e asturianos, foi distinguida coa Cruz ao Mérito Profesional con Distintivo Vermello en recoñecemento ao seu labor durante a DANA. A condecoración foi outorgada polo Concello de Moncada (Valencia), que organizou un acto de homenaxe con motivo do Día Internacional de Protección Civil.

O equipo, que se desprazou ata as zonas máis afectadas polas intensas chuvias para prestar apoio en labores de rescate e asistencia, recibiu este galardón xunto con outros grupos de emerxencias. En total, foron recoñecidos nove efectivos da agrupación da Comarca do Eo, así como os dous cans que participaron no operativo.

0.14271211624146