A programación cultural de Burela para esta temporada inclúe cine, contacontos e musicais

AMariñaXa
Burela publicou a programación cultural para esta temporada de setembro e outubro na que os sábados haberá unha ampla variedade de actos
Auditorio Casa da Cultura de Burela
6 Sep 2022

Burela publicou a programación cultural para esta temporada de setembro e outubro na que os sábados haberá unha ampla variedade de actos para todos os públicos.

O xoves 8 de setembro a veciñanza gozará dunha nova sesión de cine na rúa coa proxección en pantalla xigante da película Live is life. La gran aventura, ás 21.30 horas na praza da Mariña. E o sábado 24 será a quenda dos contacontos da man de Caxoto e os seus Contos para a igualdade ás 18.00 horas.

Así, o sábado 1, e dentro do programa Ler Conta Moito, poderase desfrutar de Lúa a cargo de Teatro Ghazafelhos ás 18.00 horas, o seguinte, o día 8, será a quenda do musical Banda Dr. Queen, e o día 15 será o concerto a cargo de Música Miúda, As historia de Bemol Pequeno, ás 18.00 horas.

A seguinte semana haberá un musical infantil co grupo Cosquillas, e o derradeiro sábado os monicreques de Kukas presentan a obra Don Gaiferos ás 19.00 horas. Tamén o venres 28 Lara Hierro fará un monólogo para corpo en movemento ás 21.00 horas.

0.18403601646423