A primeiros de febreiro comezará unha nova fase de obras na estrada LU-162

Foz
AMariñaXa
A primeiros de febreiro comezará unha nova fase de obras na estrada LU-162, de Ferreira do Valadouro a Cangas de Foz, dirixidas a mellorar a seguridade viaria, coa construción de beirarrúas, cun total de 220 metros a ambas marxes.
18 Jan 2023

A primeiros de febreiro comezará unha nova fase de obras na estrada LU-162, de Ferreira do Valadouro a Cangas de Foz, dirixidas a mellorar a seguridade viaria, coa construción de beirarrúas, cun total de 220 metros a ambas marxes. 

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade avanza así nunhas obras xa executadas desde o enlace coa N-642, nun tramo de 785 metros lineais de estrada, con beirarrúas tamén nas dúas marxes. O xefe da AXI en Lugo, Gerardo Pallares, tamén presente na reunión de hoxe sinalou que esta nova fase acométese co ánimo de seguir avanzado na mellora da seguridade viaria desta estrada. 

EDAR e IES de Foz 

 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo unha reunión co voceiro popular de Foz, Javier Castiñeira, no que se falou da tramitación para a construción da nova EDAR, unha estación depuradora de augas residuais, para a que a Xunta de Galicia destina 6,5M€ nos orzamentos deste ano.

A outra gran inversión para Foz tratada na reunión, á que tamén asistiu a xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, María José Gómez, corresponde á reforma integral do IES de Foz, obra que está en execución cun investimento de 1,2 milóns de euros. Esta actuación permitirá reducir o consumo enerxético das instalacións e facelas máis confortables, grazas á reforma do edificio principal -que alberga aulas, a sala do profesorado, a secretaría, a biblioteca e a cafetería-; así como doutro inmoble que acolle o salón de actos, un taller e aulas. Estes traballos inclúen tamén o illamento de fachadas e cubertas, a renovación de xanelas  e a instalación de luminarias tipo LED. 

0.16086483001709