A primeira ruta guiada de Cervo será por Sargadelos
AMariñaXa
Este verán poderase percorrer e coñecer o Concello de Cervo coas rutas turísticas que preparan para xullo e agosto
15 Jul 2021
Esta fin de semana o Concello de Cervo ten programada unha interesante ruta por Sargadelos, con guía turístico, dentro do programa de actividades propostas para este verán.
A actividade está composta por dous percorridos diferenciados que se complementan, así, o sábado xirará ao redor da figura de Antonio Raimudo Ibáñez e a orixe do complexo, e o domingo poñerase en valor a trascendencia da cerámica de Sargadelos nas súas distintas etapas.
Esta actividade será a partir das 17.00 horas e para participar será necesaria a inscrición previa no 691 656 600. É unha actividade gratuíta e conta con prazas limitadas.
O resto das rutas que preparan serán para os días 31 de xullo e 1, 14, 15, 28, 29 de agosto.