A primeira edición da Carrera Vía Verde pasará por Trabada e A Pontenova
AMariñaXa
A proba está organizada polos concellos de San Tirso, Trabada e A Pontenova e a asociación As Minas
Foto de arquivo
25 Maio 2024
A primeira edición da Carrera Vía Verde pasará por Trabada e A Pontenova. A ruta de 12 quilómetros será o vindeiro 2 de xuño a partir das 11.00 horas, aínda que a recollida de dorsais farase a partir das 9.00 horas.
Dende as 10.00 horas terá lugar a saída de autobuses na praza dos Fornos, na Pontenova. A proba está organizada polos concellos de San Tirso, Trabada e A Pontenova e a asociación As Minas e conta coa colaboración da Xunta.