A presentación oficial da X Festa Normanda de Foz será este domingo
A organización da Festa Normanda informou que este domingo 24 de xullo será a presentación oficial da X Festa Normanda de Foz.
Esta cita comezará ás 19.30 horas co desfile de Antolinas Atelier by Sara e Pili e a súa colección de traxes normandos e campesiños. A continuación haberá unha degustación de ovos, pan, chourizo, patacas e viño, por un prezo de 10 euros. Ademais poderase entrar nun sorteo.
Todoa esta cita, que será no paseo da Ribeira, estará animada por música en directo.
A Festa Normanda coincidirán coa última fin de semana de agosto, é dicir, 26, 27 e 28 de agosto e é unha das festas máis recentes que se celebran en Foz e que rememora a invasión errada dos viquingo sobre o pobo lucense.
De momento no hai confirmación do programa completo pero previsiblemente haberá un mercado medieval e moitas actividades. O que si está confirmado é o desembarco e o afundimento dos barcos vinkingos ademais de actividades, xogos e teatro.