A Praza focega de Conde Fontao encherase de cultura e lecturas na nova edición da Feira do Libro

Foz
AMariñaXa
O encontro contará con firmas de autoras e autores, presentacións, teatro familiar e descontos especiais nas casetas das librarías
Foz-feira-do-libro-2025
16 Aug 2025

Do 16 ao 19 de agosto, a Praza de Conde Fontao en Foz encherase de letras e historias coa celebración dunha nova edición da Feira do Libro. Durante catro xornadas, veciños e visitantes poderán descubrir unha ampla variedade de títulos, que abranguen dende a narrativa ata o ensaio, pasando pola literatura xuvenil, a banda deseñada ou a poesía. Ademais, todos os exemplares dispoñerán dun desconto do 10%, incentivando así a lectura entre públicos de todas as idades.

A programación alternará actividades para familias, encontros literarios e sinaturas de libros nas casetas das librarías participantes. O domingo 17 abrirase cunha tarde teatral a cargo de Pedras de Cartón, que representará Carapuchiña vermella ás 18:30 horas. Acto seguido, Martín Fernández Vizoso presentará Memoria de Mariñáns III acompañado polo alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, e ás 20:30 será a quenda de Paco Rivas con Beixos Gallardos. Ese mesmo día, entre outros, Eva Riobó estará asinando o seu título Doncella de hierro.

O luns 18, o público familiar poderá gozar da peza Contos de lobo do grupo Teatro Ghazafelhos, e máis tarde terá lugar unha conversa entre as escritoras Antía Yañez (O clan das Barbies) e María Besteiros (Ítaca). Na zona de casetas, autores como Ángel Martínez, Irena Rega Jul, Rober Cagiao ou a propia Yañez protagonizarán encontros co lectorado.

A xornada do martes 19 abrirase co teatro Cabicivai, de Pablísimo, pensado para cativos e familias. Pola tarde, Alba Díaz Geada presentará Mudar en común: Galiza 1959-1982, unha análise sociohistórica sobre os cambios no rural galego. Tamén ese día pasarán polas casetas autores como José de Cora (Me han enterrado vivo), Manuel F. Rodríguez (A muller do muro) e Francisco Narla (El buen vasallo).

A feira pretende, ademais de dinamizar a actividade cultural e comercial, reforzar o papel do libro como elemento central da vida comunitaria. Co lema “Onde florecen os libros”, Foz chama a toda a Mariña a participar desta cita que combina literatura, ocio e cultura para todos os públicos.

Sábado, 16 de agosto

18:00 h → Sonia Arias asina Antes pasábase por aquí na caseta da libraría Pedreira
18:30 h → Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia. Patrocinado por Deleite (2 horas)
18:30 h → Mar Rey asina Ordena tu tiempo na caseta da libraría Perseida
18:45 h → Acto inaugural da Feira do Libro de Foz, pregón a cargo da poeta Lucía Aldao
19:00 h → Ánxela Gracián & Christian Villamide asinan Benu Zula e a unicornia branca na caseta da libraría Pedreira
19:00 h → Javier Regueiro Serrano asina Guía de supervivencia en la empresa e El límite Kallmanm na caseta da libraría de Rosa
19:30 h → Literatura e territorio. Marcos Giralt Torrente, autor de Los ilusionistas e Tiempo de vida, e Miqui Otero, autor de Orquesta e Simón, conversan con Luisa Castro, autora de Sangre de horchata e Viajes con mi padre
20:00 h → Paco Rivas asina Beixos gallardos na caseta da libraría Pedreira
21:00 h →  Concerto PAVA dúo con Lucía Aldao
21:00 h → Xosé Salvadores asina A fraga dos teixos na caseta da libraría Pedreira

Domingo, 17 de agosto

17:30 h → Sinatura de Alba López Paredes (Trilogías Nandinor e Noa, Biloxía Glesea, Saga Nándidor) na libraría A Gata Tola
17:30 h → Sinatura de Eva Riobó (Doncella de hierro) na libraría Perseida
18:30 h → Teatro familiar: Carapuchiña vermella, de Pedras de Cartón
19:30 h → Presentación de Martín Fernández Vizoso (Memoria de Mariñáns III) xunto a Francisco Cajoto, alcalde de Foz
20:30 h → Presentación de Paco Rivas (Beixos Gallardos)

Luns, 18 de agosto

17:30 h → Sinatura de Alba López Paredes na libraría A Gata Tola
17:30 h → Sinatura de Ángel Martínez (Lección aprendida, Recluta muerto) na libraría Perseida
18:00 h → Sinatura de María Besteiros (Ítaca) na libraría Pedreira
18:30 h → Teatro familiar: Contos de lobo, de Teatro Ghazafelhos
19:00 h → Sinatura de Irena Rega Jul (Compostela) na libraría Bahía
19:30 h → Sinatura de Rober Cagiao (A dama de Anboto) na libraría Pedreira
19:30 h → Sinatura de Antía Yañez (O clan das Barbies) na libraría Agrasar
20:30 h → Conversa entre Antía Yañez e María Besteiros

Martes, 19 de agosto

17:30 h → Sinatura de Alba López Paredes na libraría A Gata Tola
18:30 h → Teatro familiar: Cabicivai, de Pablísimo
18:30 h → Sinatura de José de Cora (Me han enterrado vivo) na libraría Agrasar
19:00 h → Sinatura de Manuel F. Rodríguez (A muller do muro) na libraría Bahía
19:30 h → Sinatura de Francisco Narla (El buen vasallo) na libraría Agrasar
19:30 h → Presentación de Alba Díaz Geada (Mudar en común: Galiza 1959-1982)

⚙ Configurar cookies
0.19616603851318