A praza dos Campos de San Cibrao acolle o Festival Folklórico Mistura

AMariñaXa
A praza dos Campos de San Cibrao acollerá o Festival Folklórico Mistura en agosto. Será a primeira fin de semana
Festival Mistura cervo 2023
5 Ago 2023

O Concello de Cervo organiza o Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Cibrao, na Praza dos Campos, esta fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura, coa colaboración da Administración local.

A cita comezou o venres 4 de agosto, a partir das 19:30 horas, coas actuacións dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro

O domingo 6, a partir das 19:00 horas, será a quenda do Festival Infantil coa participación da Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará co Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico internacional e Infantil que se celebrará en San Ciprián, na Praza dos Campos, esta primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, coa colaboración da Administración local.

A rexedora, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, presentaron a cita acompañados do Presidente e profesor do Grupo organizador, Claudio López, e doutros compañeiros de Mistura.

Así, o venres 4 terá lugar o Festival internacional que arrincará ás 19:30 horas coa participación dos grupos African Tumbas (Kenia), Otrora (Colombia), Ibarra Kaldu (Portugalete/Biscaia) e o grupo anfitrión Mistura será o encargado de poñer o broche de ouro.

Xa o domingo 6 será a quenda dos máis pequenos/as; a partir das 19:00h actuarán a Asociación Cultural Buxainas (Cedeira), a Agrupación Folklórica Os do 21 (O Vicedo) e rematará o Grupo Folklórico Mistura de San Ciprián

Caramés quixo darlle os parabéns ao Grupo Folklórico Mistura polo traballo que están a facer a prol da Cultura Galega, "achegando, ademais o noso Folklore ás novas xeracións, velando así pola súa conservación como ben patrimonial que é", e animou a todo o pobo a que participe e asista a ver un espectáculo "que é un intercambio cultural único que nos ofrece a oportunidade de ver en directo o talento de diferentes agrupacións nacionais e internacionais, aos que animamos a desfrutar do noso municipio e de todo canto Cervo pode ofrecer".án

0.19315123558044