A praza do Souto de Cervo acolle o xa tradicional Mercado de Nadal
A praza do Souto acolle por primeira vez este sábado, 17 de decembro, o xa tradicional Mercado de Nadal de Cervo. O mercado abrirá as súas portas ás 11.00horas na carpa instalada na Praza do Souto, en Cervo.
Os visitantes poderán desfrutar de numerosos postos de alimentación e artículos artesanais e estarán acompañados dende as 11.30 horas da percusión africana de Mapato. Ás 12.30 horas collerá o testigo a agrupación local Fol do Raxal.
A tarde estará amenizada pola música de Juan Soto e ás 17.00 horas dará comezo a actuación do contacontos Caxoto no Ecomuseo. Finalmente, rematarán co sorteo de cestas as 19.30 horas.
Durante a xornada, os presentes poderán disfrutar dunha gran variedade de tapas na Taberna de Sargadelos, O Caseto de Copa e o Almacén.
Desde o Concello convidan a veciños e visitantes a achegarse durante esta xornada de sábado ata Cervo para desfrutar desta actividade que inaugura a programación de Nadal do municipio, e que é unha oportunidade única para pasar o día en familia e entre amigos.