A praza do Conde Santo de Lourenzá acollerá un concerto de música de cámara
AMariñaXa
A praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara
21 Jul 2021
A praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este venres, día 23, ás 21:00 horas un concerto de música de cámara incluído no festival itinerante Peregrinos Musicales, que organiza a asociación do mesmo nome con sede en Santiago de Compostela coa colaboración do Concello de Lourenzá.
A actuación correrá a cargo do grupo de música de cámara Esemble Rubens Consort, que interpretará obras de Haydn, Bach, Ravel e Fauré.
A entrada é libre e gratuíta.