A praza de policía local de Foz vacante está incluída na convocatoria da Academia Galega

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz anuncia que a praza de policía local de Foz vacante está incluída dentro da convocatoria da Academia Galega
ALCALDE E O RESPONSABLE DA POLICiA LOCAL DE FOZ
15 Jan 2022

O Concello de Foz anuncia que a praza de policía local de Foz vacante está incluída dentro da convocatoria da Academia Galega de Seguridade Pública do próximo xoves, 20 de xaneiro.

No Diario Oficial de Galicia deste xoves, día 13 de xaneiro, saíu publicada unha resolución da Academia Galega de Seguridade Pública na que se aumentan as prazas convocadas para policías locais por acceso libre de 29 a 70 prazas. Foz é un dos novos concellos que se relacionan, incluíndo por tanto a praza vacante que se recollía na oferta de emprego público do Concello do ano 2021, aprobada e enviada o pasado mes de novembro. 

O alcalde, Fran Cajoto, está “moi satisfeito pola vindeira convocatoria. O primeiro exame será xa o próximo xoves, 20 de xaneiro, e poder completar o cadro de persoal da Policía Local conforme á Relación de Postos de Traballo era unha das nosas teimas e vaise facer efectivo este ano. Cando chegamos ao goberno había soamente 7 efectivos, incluíndo o oficial, e chegaremos aos 9 da RPT durante este ano 2022. Así, coas dúas recentes incorporacións e o axente que se sumará, poderemos continuar coa quenda de tarde e ofrecer un servizo máis completo”.

O rexedor municipal engade que “non só en número de axentes, incidimos tamén nos procedementos, organización e equipamento da Policía Local. Aos poucos meses de chegar á Alcaldía asinamos o convenio de selección coa Academia Galega de Seguridade Pública, agora a Policía dispón de equipo de medición de ruídos -sonómetro- e de control de alcoholemia -etilómetro-, este último cedido pola Dirección Xeral de Tráfico, cos que antes non contaba. Cunha reorganización do servizo dispuxemos sempre un mínimo de dous axentes por quenda, para facer máis seguro o traballo tanto para os axentes como para as veciñas e veciños. Sempre incidimos en que o principal cometido da Policía non é multar senón axudar aos cidadáns en infinidade de cuestións”. 

“Os feitos están aí. En novembro do ano pasado o Partido Popular acusábanos falsamente de deixamento e incompetencia neste asunto. A praza está convocada e como goberno a nosa responsabilidade é seguir traballando”, remata Fran Cajoto.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16972088813782