A praza da Mariña de Burela acollerá o 25 de novembro a Festa da Música
A praza da Mariña de Burela acollerá o vindeiro 25 de novembro a Festa da Música na que participarán unha morea de grupos e artistas, a maioría deles xa coñecidos por todos os veciños.
Así, o sábado haberá concertos e música durante toda a tarde con comida e bar para desfrutar plenamente. O xantar, que será ás 14.30 horas, consistirá en sopa d ecocido, xamón cocido, chourizos, patacas, repolo, viño do país, sobremesas caseiras, e café. Todo elo por un prezo de 20 euros adultos e 15 euros menores de 10 anos.
Nesta cita participarán AM Santo Inocencio, Banda de Gaitas Dambara, Brisas del Navia, Batuco Tabanka, Os do Vinteun, Aspebu, Fol do Raxal, Acordeonistas da Mariña, Coral Polifónica de Burela, Arume, Cordenaia, Ledicia, O Feitizo, Alex DJimmy, Espera que vou mexar, e a Escola de Música de Burela.