A praia vicedense de Abrela acolle unha nova edición do concurso de figuras de area

AMariñaXa
A pesar do vento e o ceo anubrado, unha trintena de persoas participou nesta cita xa clásica do Vicedo
Vicedo-concurso-figuras-area-2025
15 Aug 2025

A praia de Abrela foi o escenario, un ano máis, do concurso de figuras de area do Vicedo, unha actividade que segue a atraer a participantes e curiosos a pesar das condicións meteorolóxicas adversas. O forte vento e a nubosidade non impediron que se xuntase unha trintena de persoas dispostas a dar renda solta á súa creatividade sobre a area.

O certame contou con catro categorías segundo as idades. Na de 3 a 5 anos, o gañador foi Santi coa obra “Castelo”. Entre os rapaces de 6 a 11 anos, o primeiro premio foi para Eloy e Leyre por “Tiburón”, mentres que o segundo recaeu en Matíu e Chacli con “Cangrexo”.

Na categoría de 12 a 16 anos, Gonzalo, Carla e Mario acadaron o primeiro posto con outro “Castelo” e Celia e Aroa obtiveron o segundo con “Totem”. Por último, en adultos, a vitoria foi para Miguel e Miguel coa peza “Fortaleza”, e o segundo premio para Sonia e Diego con “Coche F1”.

A organización destacou o bo ambiente e a alta participación, e entregou agasallos a todas as persoas que se animaron a formar parte desta cita creativa xa consolidada no verán do Vicedo.

⚙ Configurar cookies
0.16688585281372