A praia dos Bloques viviu unha tarde de xogos acuáticos organizada polo Concello de Ribadeo

AMariñaXa
Contou con hinchables acuáticos que fixeron as delicias de maiores e cativos, tanto de veciños como de visitantes
rib-praia-bloques
11 Jul 2025

A praia dos Bloques foi escenario dunha divertida tarde de xogos na auga organizada pola Concellería de Mocidade do Concello de Ribadeo. A actividade tivo lugar entre as 16.00 e as 19.00 horas e contou con hinchables acuáticos que fixeron as delicias de maiores e cativos, tanto de veciños como de visitantes.

O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, valorou moi positivamente a iniciativa e destacou que “onte, xoves 10 de xullo, puidemos gozar na praia dos Bloques dunha tarde super entretida desde as catro ata as sete. Contamos con hinchables acuáticos, onde todos os ribadenses e visitantes desfrutaron dunha tarde incrible”.

Ademais, Silvent anunciou que haberá máis propostas como esta nas vindeiras semanas: “agardámosvos, porque haberá máis xogos na praia dos Bloques. Desde a Concellería de Mocidade seguimos apoiando e dinamizando este verán fantástico”.

⚙ Configurar cookies
0.16765904426575