A praia do Xilloi, escenario do tradicional concurso de figuras de area, do Vicedo

AMariñaXa
O municipio foi escenario, un ano máis, do tradicional concurso, nesta ocasión organizado na praia de Xilloi cunha gran participación dunhas 50 persoas
concurso-figuras-de-area-o-vicedo
15 Ago 2024

O Vicedo foi escenario, un ano máis, do tradicional concurso de figuras de area, nesta ocasión organizado na praia de Xilloi cunha gran participación dunhas 50 persoas. Tamén se achegou moito público a gozar do día de praia e da actividade. Finalmente, entre os premiados, encóntranse Carlos, vencedor da franxa de 3 a 5 anos; Martina, Silvia e Lola e tamén Lara e Eloy na franxa de 6 a 11. Tamén resultando vencedores Aroa e Celia e Sabrina, Vera e Olivia na categoría de 12 a 16 e Laura, Natalia e Guillem e  Ignasi, Laura e Enia na franxa de adultos.

0.06737494468689