A praia do Torno, en San Cibrao, xa loce a súa bandeira azul

AMariñaXa
A insignia, que premia a xestión ambiental do Concello, foi izada pola rexedora, Dolores García Caramés
bandeira_azul_san_cibrao
1 Xul 2024

A praia do Torno, en San Cibrao, xa loce a súa bandeira azul. A insignia, que premia a xestión ambiental do Concello, foi izada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, e o edil de Emprego, Alfredo Fernández, acompañados por varios traballadores municipais e polos socorristas que velarán pola seguridade dos bañistas durante os próximos dous meses.

Ademais, xa locen tamén a bandeira Ecoplayas, a de praia sen fume e tamén o distintivo de Sendeiro Azul, que “recoñece o valor medioambiental desta ruta” e pon de manifesto “o compromiso municipal co turismo sustentable e de calidade”.

0.18331599235535