A praia do Portelo de Burela contará cunha rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso

AMariñaXa
A praia do Portelo contará proximamente cuna rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso
Praia portelo Burela  2
25 Feb 2023

A praia do Portelo contará proximamente cunha rampla para facilitar o acceso a este areal e tamén unha zona de descanso, así o anunciou o alcalde, Alfredo Llano, dento das actuacións que Costas acometerá nas vindeiras semanas.

O rexedor contou que “de acordo con Costas do Estado vamos facer unha mellora substancial, vistosa e que vai chamar a atención porque vai ser moi singular na nosa praia do Portelo. Vanse facer unha serie de instalacións que espero que estean listas xa para que na Semana Santa poida ser empregada por todos os usuarios que se acheguen a esta praia”.

Llano explicou que “as melloras que se van facer consisten basicamente nunha rampla para facilitar que aquelas persoas que o necesiten poidan baixar nunha cadeira de rodas ou sinxelamente permitir a baixada á praia dunha maneira segura. Vaise preparar unha rampla con bos materiais pois levará adoquíns, madeira e unha serie de elementos que van resaltar e dar unha vistosidade grande á praia. Tamén se vai facer outra obra para crear unha zona de descanso, que servirá para mellorar a estética, a funcionalidade e a seguridade e será un lugar no que os usuarios poderán sentarse ou cambiarse de roupa, para facilitar aquelas dinámicas que se empregan nas praias”.

O alcalde de Burela dixo que “con estas dúas actuacións queremos mellorar moito a rampla de baixada, empregando materiais moi duradeiros, o que contribuirá á estética e á funcionalidade da praia. Isto vai agradar as posibilidades do areal do Portelo, que queremos que sexa un atractivo máis do noso concello porque pouco a pouco vaise consolidando como unha praia segura e bonita, que merece a pena visitar”. E engadiu: “vamos solicitar a bandeira azul para esta praia, igual que para A Marosa”.

Praia portelo Burela  1
0.13665008544922