A praia de San Román e o Fuciño do Porco convértense en escenarios de cine

AMariñaXa
A praia de San Román e o Fuciño do Porco quedarán inmortalizados nestas semanas na curtametraxe Jakobsland
Jakobsland O Vicedo gravacion 4
21 sep 2021

A praia de San Román e o Fuciño do Porco quedarán inmortalizados nestas semanas na curtametraxe Jakobsland, un proxecto a cargo da produtora Queiman e Pousa.

Esta gravación conta cun cento de persoas, entre protagonistas e figurantes, ademais da participanción do Concello e dos negocios da contorna.

Esta curta conta con actores amplamente coñecidos do audiovisual galego como son Isabel Blanco, Alfonso Agra ou Serxio Pazos, e tamén cos actores internacionais Paul Kavanagh e Tim O'Sullivan, intépretes de Vikings e Juegos de Tronos.

O rodaxe pasará polo Fuciño do Porco e o poboado do Cadaval en Mañon.

0.16603016853333