A praia de Esteiro, en Xove, xa loce a súa bandeira azul

AMariñaXa
Dende este martes ondean a Bandeira Azul e a Bandeira de Praias sen Fume, na praia de Esteiro en Xove
bandeira_azul_xove
7 Xul 2024

Dende este martes ondean a Bandeira Azul e a Bandeira de Praias sen Fume, na praia de Esteiro en Xove. Fixeron izado da bandeira o alcalde Demetrio Salgueiro Rapa, a concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte Fernández e a concelleira de Deportes e Xuventude Cristina Iglesias Guerreiro. Acompañados neste acto por Nacho de Esteiro Surfing e o socorrista José Ramón.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia de Lugo, Javier Arias Fouz fixo entrega da Bandeira Azul para a Praia de Esteiro, ao Alcalde Demetrio Salgueiro Rapa e a Concelleira de Turismo e Medio Ambiente Cecilia Duarte Fernández, na praza do Concello de Xove.

0.19181084632874