A porta de Carlos V iluminarase de cor turquesa con motivo do Día Internacional da Dislexia

AMariñaXa
A porta de Carlos V iluminarase de cor turquesa con motivo do Día Internacional da Dislexia
porta carlos V viveiro
6 Oct 2021

O Concello de Viveiro anuncia que o próximo venres 8 de outubro de 2021 iluminará de cor turquesa a porta de Carlos V con motivo do Día Internacional da Dislexia. 

O Concello de Viveiro súmase así á reivindicación da Federación Española de Dislexia e á súa campaña “Unidos por la Dislexia”, á que se adhiren cada ano institucións de todo o mundo. O obxectivo desta iniciativa é visibilizar este trastorno e outras dificultades específicas da aprendizaxe, que afectan ao 10% da poboación e son case invisibles a día de hoxe. 

O goberno local amosa así o seu compromiso coa visibilización da dislexia, contribuíndo deste modo a minimizar os seus prexuízos na sociedade. 

0.18939900398254